Tamén arquivamos os traballiños e todo preparado para a fasta. Os flocos de millo para a Cea-gala.
Primeiro soaron as 12 badaladas e tomamos os flocos de millo e despois xa merendamos e tomamos o chocolate que nos trouxo a ANPA. Graciñas.
Un recreo superextra e xa de volta á clase lle demos a Ana este agasallo con todo o noso cariño!!!! Fotos que fixemos estes días pnzas/broches feitas por nós asinamos pola parte de atrás.
Ana tamén nos regalou unha pulseira e un marcapáxinas para cada un. Mil graciñas. Seguro que o primeiro día de clase de xaneiro moit@s se lembrarán dela.
Moi felices festas e a pasalo ben nestas datas tan sinaladas. LEDE MOITO... Nun conto, nun libro no súper, en publicidade, ... Sexa como sexa pero a darlle moita caña á lectura. Ésta é tarefa para estte Nadal.