Cole

Cole

lunes, 27 de febrero de 2023

LUNS


Hoxe comezamos o día poñendo máis cancións para o fío musical. Graciñas familias!! 


Alba foi a encargada de pasar lista, poñer o calendario ao día,...


E comezamos a saber algo máis da vida de JEANNE BARET grazas aos vosos traballiños. 

Copiamos o comezo da súa vida. Con toda a información recollida faremos un artigo de xornal para facer unha actividade global de todo o cole. 
Que bos cadernos!!!!!!




Máis tarde traballamos no libro e fixemos asamblea en galego. 
En Mates Nico foi profe. Nos mandou copiar unha simetría difícil que nos saíu bastante ben. Tamén repasamos as horas a e resolución de problemas no libro. 


Máis cancións. Graciñas. 
En Ciencias Naturais repasamos as partes dunha planta cun debuxo. 

Despois do recreo recollimos o lixo que atopamos no patio. 
Limos un libro de Alba moi interesante que falaba de poñer etiquetas á xente. É moi doado poñelas pero moi difícil quitalas. 




Fixemos un experimento con Artai... Dixéronme catro adxectivos, catro ne@s diferentes que podían aplicarse á súa persona. Saíu ben. Os catro dixeron palabras diferentes....polo cal non tiña etiqueta ningunha. Ás veces somos os maiores os que poñemos etiquetas aos demais e trasladámolas aos nosos fillos e fillas. El@s aínda non. Teñen unha mirada máis limpa e ampla cá nós. 
Tamén nos deu tempo a falar na segunda asemblea do día. 


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario