Cole

Cole

martes, 14 de marzo de 2023

EXCURSIÓN E CONTACONTOS

Hoxe comezamos contando un conto antes da excursión. 
Xa estamos preparad@s... 

Listas...
Como chegamos cedo, puidemos xogar no parque da biblioteca de Santa Cruz. 

E comezou o contacontos de Pablo Díaz. Alternando con cancións do seu repertorio. 

Cando chegamos a clase deunos tempo a que Carla nos puxera unha simetría e a repasar as horas. 

Merendamos e recreo. 
Despois do momento lector houbo máis contacontos moi ben contados. Xenial Mateo, Pedro, Hugo... Xa estamos a rematar...



En Ciencias Sociais seguimos có tema das paisaxes. Fixemos un puzzle cunha fotografía e repasamos a relación da Terra, coa Lúa e o Sol. 
Pedro acertou unha pregunta ben difícil!!!


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario