Cole

Cole

miércoles, 10 de mayo de 2023

MÉRCORES

Hoxe comezamos en Lingua traballando no libro e despois representando unha pequena obra de teatro con tres personaxes protagonistas. Houbo varias quendas de representacións.  
E xa marchamos ao concerto de Pakolas... Que nervios e emoción!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
A cousa comezou suave pero o Rock and roll foise apoderando del@s e bailaron mooooooito!!!!!!


E fotos finais con Pakolas!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!




 Chegamos para merendar e recreo. Despois debialles un recreo extra da competición de ábaco que me gañou Olivia. Si houbo que SUSPENDER O PARTIDO DE FÚTBOL QUE estabamos a xogar. Algunha palabrota, o non saber perder, non decir a verdade cando houbo ou non houbo falta,... Aínda teñen moito que aprender do deporte. É un xogo no que o primeiro é pasalo ben... E é un deporte de equipo... Pero esto tamén forma parte da educación. Hai cousas máis importantes que saber que 2+2 son 4... Estes días estamos tocando varias que chegado este punto de primeiro si se poden falar con certa calma e profundidade:  O SABER DECIR NON, OS AMIGOS NIN SE COMPRAN NIN SE VENDEN, SABER PERDER E ACEPTAR AS NORMAS NUN XOGO SEXA FÚTBOL OU NON). 

No hay comentarios:

Publicar un comentario