Cole

Cole

martes, 22 de noviembre de 2022

MARTES

 Hoxe non hai fotos porque quedoume o móbil no cole pero habelas hainas... e vídeo. Comezamos con Lengua. Mentres un grupo foi á horta (como chovía foron a un patio cuberto para facer xogos). Por certo portáronse moi ben segundo nos dixeron. Mentres o outro grupo fomos á biblioteca a traballar. Estabamos prácticamente xuntos toda a clase. Comezamos con dúas Frases del Día. Están a mellorar moito na caligrafía. Despois escribimos de novo o abecedario con minúsculas.... E bravísimo!!!!!!!!!!!!!!!!!! Que diferenza!!!!!!!!!!!!! O día 5-10-22 tamén o fixemos e mes e medio máis tarde a evolución foi grandísima. Mañá vos poño algúns exmplos. Tamén fixemos palabras encadeadas por parellas.

En Mate, Mateo puxo o día, meteo, data e pasou lista e puxo falta...!!!!!!!!!! Por primeira vez!!!!!!!!! Xa lles dixen que cando saiban pasar lista ben (dominar as táboas de coordenadas ) xogaremos a Hundir la flota...Apetécelles moito!!! Así que se queredes practicar na casa... Tamén fixemos problemas Quinzet e tiñan que dicirme coma onte a resposta en forma dun + ou de un -. Non a resposta exacta numérica. Fixemos números con plastilina para que repasen a direccionalidade dos números. Lucía nos fixo un debuxo, repasamos o anterior e o posterior no caderno (por se queredes practicar ata onúmero 20) Tamén nos deu tempo de ensaiar a canción de Toc, toc e grabar un vídeo para a clase de Patricia. Lucía como profe que foi escolleu a tres compañeiras para axudarlle a facer os xestos: Eira, Olivia e Valeria. 

Despois de Educación Fisica Artai foi un excelente bibliotecario . Xa temos encargad@ de biblioteca. Cada día cambiaremos, claro. Seguro que así se dan conta de que ter un espazo ordeado de clase depende de tod@s!!!!!! Como di o noso lema: TOD@S XUNTOS SOMOS MÁIS FORTES!!!!!!!!!! Seguimos notando Ana e maís eu unha evolución moi positiva na maioría dos alumn@s na velociade e comprensión lectora. 

En Ciencias Sociais repasamos o tema 1 e rematámolo . o Xoves comezaremos o 2.

En Ciencias Naturais seguimos mostrando obxectos que trouxéchedes e analizándoos dende o punto de vista dos sentidos. Ana levou a clase moi ben. Lembro que sacou o seu obxecto Emma, Iago Z., Mateo,... Como é? A que sabe? Ule?...

Mañá informática, xogo de adiviñar un obxecto para decorar unha árbore de Nadal, empezaremos a decorar a clase???? Depende de como vaia todo... 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario