Cole

Cole

viernes, 18 de noviembre de 2022

VIERNES


Comezamos o día con colaboracións. 
Uns móbiles polo agasallo de ser amigos dun chimpancé. 
Onte Artai nos trouxo un bo feixe de cancións para decembro. Como eran tantas pedín a colaboración de compañeiros e compañeiras.  

Que falen do Tango, Radio, Euskera, Non violencia, Equinocio verán/inverno... Graciñas familia!!!


Despois da nosa proba xa habitual de Quinzet dos venres, Kilian foi profe. Mandounos facer un debuxo , despois fixemos unha suma e unha resta no libriño. 

Ben Kilian!!!!!
Temos unha nova compañeira en clase: Brilli. Que ben pintas!!! 
En Plástica comezamos a facer unha mandala. O obxectivo era comprobar a capacidade nesta época do curso como son capaces de facer un traballo psicomotriz difícil. Medir a súa capacidade e implicación no traballo nun determinado tempo. E a verdade é que lles quedou moi ben. Cada un no estilo que é o bo. 

Algo que vían como algo pouco probable de facelo ben nun principio, converteuse nun bo momento e resultado. Ata puidemos poñer algunha canción mentres pintabamos. 
No recreo tiven que marchar e quedaron en boas mans. Coa profe Ana. Cantaron a canción Toc, toc e algúns presentaros os seus obxectos para poder analizalos a través dos sentidos. 






E sorteamos a medalla. Tocoulle a Iago!! Merecida!!!! Ata a luns!!!!




 

No hay comentarios:

Publicar un comentario