Cole

Cole

lunes, 26 de septiembre de 2022

LUNS

Hoxe baixamos con moita ilusión a cantarlle aos de infantil a Máquina de Ramona... Fixérono moooi ben!!! Repetiremos...

Emma puxo o día,semana, estación, meteo...
Repartín fichas para traballar as letras. E buscamos palabras que tiveran esa letra. 
Escribimos no caderno por primeira vez unha palabra en minúsculas... 



E fixemos asamblea en galego... Están intentando e conseguindo falar algo en galego... Noraboa!!
Despois votamos que queremos ter como tema común do cole... A volta ao mundo ou museos de Galicia... Saíu como gañadora a volta ao mundo...


En Mates practicamos ábaco, Quinzet, o libriño de mates (escritura de números e moi, moi ben...)
En Ciencias Naturais repasamos o método científico e comezamos un experimento pero como xa estaban algo nervios@s/faladores de máis... Hai que insistir en casa o tema de APRENDER A ESCOITAR... Na escola tamén o faremos. Graciñas. 
En Lengua también hicimos asamblea y empezamos con el trabajo de pintar con pincel los colores primarios y secundarios. 



En Proxecto competencial falamos de cando axudamos ou nos axudaron nalgún momento. 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario